Wednesday 15 de May de 2024

O concello solicita unha achega para realizar melloras no primeiro e segundo andar do Mercado Municipal de Riveira


A Casa do Concello de Riveira albergou unha reunión da Mesa Local de Comercio na que lle foi presentada a solicitude por parte do Concello dunha subvención para realizar unha serie de melloras no edificio do mercado municipal de Riveira.

Así, os obxectivos que se perseguen son dous: por unha parte, dividir os postos do primeiro andar da instalación (creando catro postos de venta para produtos diferenciados, o que fai preciso demoler os tabiques provisionais e dispoñer catro recintos coas súas instalacións de electricidade e fontanería) e por outra a concepción dun espazo multifuncional aberto na segunda planta apto para a organización de distintas actividades: algo para o que resulta necesario demoler os tabiques existentes e proporcionar á zona actualmente pechada ao público o mesmo acabado que no resto da planta.

O orzamento estimado para esta dobre actuación ascende a 48.875,97 euros, IVE incluído, e a achega solicitada do 50% desta contía ao abeiro dunha orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de 23 de maio de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia.